image.png

Da Biblioteca Neira Vilas á Ruta da Reconquista

O día saiunos radiante e entusiasmados subimos ao autobús en dirección á Biblioteca Xosé Neira Vila. Ao chegar decatámonos de que é unha biblioteca moi chula, grande, iluminada e confortable. Ten unha distribución que te facilita facer moitas cousas: buscar a lectura máis axeitada para ti, ler, soñar, buscar información. Todos os libros están ordenados por idades con cores e números.

Logo de percorrela estivemos escoitando a unha contacontos e disfrutamos da presentación que nos fixo dunha ducia de libros de viaxes. E para rematar a visita fixemos un xogo en grupos dando a volta ao mundo e resolvendo preguntas do que léramos nos libros de viaxe.

Ao saír da biblioteca un autobús levounos ata a Porta do Sol para comezala ruta da Reconquista. Baixamos a rúa Carral para visitar o lugar no que estaba a porta da Gamboa recordar os feitos que tiveron lugar alí o 28 de marzo de 1809. Dúas placas comemorativas nos recordan o centenario e o bicentenario da Reconquista de Vigo. No chan iamos buscando as marcas que sinalan por onde pasaba a muralla que tiña a vila naquela época.

Por esta rúa atopámonos coa igrexia da Colexiata ou Concatedral. Está presidida por unha imaxe dun Cristo, antes chamado Cristo do Sal, porque foi atopado no mar; e logo, na Reconquista pasou a chamarse Cristo da Victoria, pola victoria sobre o exército francés. Fronte da igrexa hai unha oliveira que representa o pulo da nosa cidade. Cruzamos a rúa e xa estábamos na praza de Almeida, un dos heroes da Reconquista.

Seguimos baixando pola rúa Real e a uns metros está o edificio no que estivo a imprenta de Juan Compañel, onde Rosalía de Castro publicou a primeira edición de Cantares Gallegos un 17 de maio de 1863. Ao chegar ao final desta rúa atopámonos co barrio do Berbés no que naceu Carolo, o que empezou a romper a porta da Gamboa e que fixo posible a reconquista de Vigo.

Despois de subir as escaleiras máis empinadas de Vigo atopámonos coa árbore da oliveira que temos no noso escudo da cidade. Dende aquí puidemos ver todo o barrio do Berbés e unha bonita vista das Illas Cíes. Logo subimos ao Castelo de San Sebastián, onde se conservan as únicas murallas de Vigo e dende onde contemplamos a nosa cidade; para logo visitar a praza do Rei e recordar diante do edificio do Concello os feitos máis salientables da Recionquista.

E despois de duas horas e media de andaina chegamos á Praza da Independencia e parámonos a analizar a estatua que sobre a Reconquista se atopa alí. Pablo Morillo e Cachamuiña nos saudaron como se retrocederamos 210 anos para atrá. Lástima porque a uns centos de metros o noso colexio esperábanos para volver de novo ás aulas e comentar todo o que vivimos na mañá.

Alejandro Glez Max, Adrián Polo e Santiago Domínguez

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.